Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/12/2020 | Actualizada ás 19:21
A Deputación de Pontevedra arrincará este luns un operativo de repartición dun total de 54.000 máscaras cirúrxicas aos 52 municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes.
Este envío, segundo informa a institución presidida por Carmela Silva, parte dun acordo de colaboración asinado coa Subdelegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
A repartición, levará a cabo "con criterios obxectivos en función da poboación", tal e como se fixo "desde o comezo da pandemia", subliña a Deputación. De feito, esta será a cuarta distribución de máscaras efectuada pola institución, polo que as unidades totais repartidas alcanzan a cifra de 266.500.
O goberno provincial xa enviou unha nova carta aos alcaldes e alcaldesas destes 52 municipios para informarlles da chegada do material sanitario e de que debe ir destinado "aos colectivos máis vulnerables", ademais da operarios de limpeza e residuos sólidos, traballadores sociais e policías locais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.