O futuro da cultura local a debate en Verín

Baixo o título de “Mesa Redonda: Covid-19 e cultura en Verín”, este luns 28 de decembro reúnense distintos axentes culturais da comarca no Auditorio Municipal.

Por X.M. Fernández | Verín | 27/12/2020 | Actualizada ás 23:50

Comparte esta noticia

Este luns, 28 de decembro ás 20:00 h., haberá unha reunión entre os axentes culturais da comarca de Verín no Auditorio Municipal co obxectivo de establecer un diálogo sobre os camiños a seguir tras a COVID-19.

Punto de encontro, debate. Imaxe cedida por Farlopa.Fanzine
Punto de encontro, debate. Imaxe cedida por Farlopa.Fanzine

A actividade xorde das mans de Farlopa.Fanzine -proxecto de ámbito local que pretende dinamizar a cultura na comarca de Verín- e conta coa colaboración de Akasha Laboratorio Audiovisual e co apoio do Concello de Verín.

Segundo os organizadores, o evento nace para buscar a posta en común das diferentes visións para afrontar a situación derivada do último ano e procurará servir como motor para motivar futuras iniciativas a través da colaboración entre as entidades involucradas.  “Mesa Redonda: Covid-19 e cultura en Verín” tamén dará voz aos artistas locais mediante a exhibición de diferentes obras ao longo do evento.

Contará coa presenza de varios axentes culturais da comarca convidados para mostrar os diferentes sectores e puntos de vista da situación actual. O evento será retransmitido en directo para chegar a todos os interesados e as interesadas e poderá ser visualizado a través da canle de You Tube de Farlopa Fanzine e das redes sociais dos participantes grazas á realización de  Akasha Laboratorio Audiovisual. Búscase deste xeito dar a posibilidade de participar en todo momento no diálogo tamén dende a casa e unha moderadora online recollerá os comentarios do streaming e compartiraos cos asistentes no auditorio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta