Por E.P. | MURCIA | 28/12/2020 | Actualizada ás 14:19
Cada galego gastará unha media de 16,74 euros en comprar décimos para o Sorteo Extraordinario da Lotaría de 'El Niño' 2021. A media nacional é de 17,57 euros, o que supón 0,64 euros menos que o ano anterior, segundo a cifra de consignación por habitante da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE), recollida por Europa Press.
Por comunidades, a comunidade autónoma que previsiblemente máis vai gastar por habitante este ano é Castela e León, cunha media de 27,53 euros, seguida de Asturias (25,84 euros), Comunidade Valenciana (25,05 euros), País Vasco (22,42 euros), A Rioxa (22,28 euros), Murcia (21,74 euros), Aragón (21,66 euros), Cantabria (21,23 euros), Castela-A Mancha (18,99 euros) e Madrid (17,47 euros).
Mentres, os que menos van gastarse este ano son de novo os habitantes das cidades autónomas de Melilla e Ceuta (4,51 euros), aos que seguen os de Baleares (9,57 euros), Estremadura (12,66 euros), Canarias (12,84 euros), Cataluña (13,07 euros), Navarra (13,61 euros) Andalucía (13,82 euros) e Galicia (16,74 euros).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.