PPdeG aposta por acordos coa oposición a pesar da "falta de acordo xeral"

O portavoz parlamentario, acompañado dos viceportavoces, destaca que a "pandemia non é incompatible coa democracia"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, fixo balance este luns do primeiro período de sesións desta lexislatura. Acompañado dos viceportavoces do grupo --Miguel Tellado, Elena Candia e Paula Prado--, Puy destacou unha das cuestións chave a comisión de reactivación económica, social e cultural, cuxo período de comparecencias vén de terminar e agora é tempo de redactar as conclusións.

Sobre un documento de consenso, Puy espera máis ben acordos "puntuais" que un apoio total do tres grupos ao documento, polas discrepancias que ata agora se mostraron por parte de BNG e PSdeG. Os orzamentos da Xunta para o próximo ano, 2021, recollen unha partida de 115 millóns de euros coñecida como Fondo de Consenso e que, entre outros foros, ten este órgano parlamentario un dos principais ámbitos de negociación.

"Estamos cos traballos xa concluídos, con independencia de que este tipo de cuestións poderíase alongar, deron unha boa panorámica a todas cuestións que convén ter en conta", considerou Pedro Puy, a preguntas dos medios, nunha rolda de prensa na que indicou que están a chegar a maior parte dos informes neste momento á Cámara e os populares xa están a traballar nunha "proposta de conclusións".

"Tentaremos chegar a acordos", asegurou, a continuación, Pedro Puy, quen en todo caso recoñeceu que hai "síntomas" que apuntan a unha "falta de acordo xeral". É máis, indicou como mostra diso o feito de que non se apoiase a tramitación dos textos da reforma da lei sanitaria e a de reactivación, esta última coa abstención do PSdeG, postura que achacou a unha cuestión de "vergoña" porque o Goberno central prepara algo similar.

Pedro Puy dixo que o "frustrante" non é tanto o voto, pero si "a mensaxe" que lanza a oposición sobre asuntos como os orzamentos da Xunta para o ano que vén, os cales tachan de "raquíticos" a pesar de que crecen un 14 por cento. A iso, súmalle que é a "primeira vez que poden influír no seu destino", co Fondo de Consenso, pero a postura de BNG e PSdeG, dixo, "resulta un tanto decepcionante".

Balance do PPdeG do primeiro período de sesións do XI Lexislatura
Balance do PPdeG do primeiro período de sesións do XI Lexislatura | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta