Cortada pola neve a estrada OU-122, en Carballeda de Valdeorras

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) informa de que a circulación quedou interrompida na estrada OU-122, que dá acceso a Trevinca por Carballeda de Valdeorras, debido á presenza de neve na calzada.

En concreto, está intransitable en ambos os sentidos a estrada OU-122, á altura de Casaio, no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, desde o punto quilométrico 20 ata o quilómetro 26.

A neve tamén dificultou a circulación en estradas da provincia de Lugo á primeira hora deste luns. Así, a presenza de neve condicionou a circulación nas estradas A-6, LU-530 e LU-633, segundo a DXT, que chegou a prohibir neste último viario, entre Pedrafita do Cebreiro e San Cristovo do Real, o paso de camións e articulados, unha precaución que se levantou horas despois.

Neve
Neve | Fonte: EMERXENCIAS 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta