A Deputación da Coruña aposta por crear preto de 900 empregos co PEL-Concellos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña publicou as bases do seu plan de creación de emprego nos municipios (PEL-Concellos) para 2021, que duplica o orzamento con respecto aos anos anteriores e chega ata o seis millóns de euros co obxectivo de crear preto de 900 empregos nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que se trata dunha medida extraordinaria para axudar a crear emprego e paliar as consecuencias da crise derivada da pandemia da covid-19.

Con 6 millóns de euros de orzamento en 2021, indicou, PEL-Concellos "é o maior programa de creación de emprego municipal impulsado por unha administración local en Galicia" e ofrecerá "unha oportunidade laboral a preto de mil persoas nun contexto social e económico tan difícil como o actual".

González Formoso subliñou o "carácter social" do programa, que prima a contratación das persoas pertencentes a aqueles colectivos con maiores dificultades para atopar un emprego, e lembrou que o persoal contratado contribuirá a mellorar os servizos públicos dos municipios.

Unha muller sae dunha oficina de emprego. Eduardo Parra - Europa Press
Unha muller sae dunha oficina de emprego. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta