Feijóo difire de Casado sobre o atraso das vacinas: "Parece unha irresponsabilidade do laboratorio"

Agarda que non haxa "ruptura de stock".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou este luns o atraso anunciado por Pfizer para a chegada da segunda remesa de vacinas contra a covid-19 a oito países da Unión Europea, entre eles España. Deste xeito, espera que o Consello Interterritorial de Saúde que se celebrará esta tarde o Ministerio de Sanidade confirme que "non hai ruptura de 'stock'" das doses, algo que "non debería volver producirse".

A preguntas dos medios tras reunirse en Santiago co presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), António Cunha, o mandatario galego advertiu contra a "desconfianza" que se daría aos cidadáns se este corte de subministración se volve a producir, máxime cando a segunda dose débese pór "nun prazo máximo de tres semanas".

E é que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contaba con recibir outra remesa dunhas 18.000 vacinas este luns para arrincar a súa campaña de vacinación en residencias de toda Galicia o martes. Un plan que se atrasará a mércores tras o anuncio da incidencia por parte de Pfizer na noite do domingo.

"Todo parece unha irresponsabilidade do tema loxístico do laboratorio", explicou Feijóo, aínda que apelou tamén a que as administracións sexan "prudentes" antes de "concretar e publicitar as entregas de vacinas".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. ANA VARELA/ XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. ANA VARELA/ XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta