O BNG acusa á UE de levar 50 anos tratando a Galicia como un "inimigo a bater"

Os nacionalistas lanzan esta denuncia tralo acordo do Brexit, que terá consecuencias "graves e demoledoras" para os pescadores galegos, segundo defenden.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

O BNG urxe a comparecencia da conselleira de Mar, Rosa Quintana, para abordar en sede parlamentaria a situación da pesca galega despois do acordo do Brexit, que supón unha cesión do 25 por cento das capturas a Reino Unido. Ademais, os nacionalistas reclaman a creación dunha comisión especial pola saída británica da Unión Europea.

En rolda de prensa, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada responsable da materia na Cámara autonómica, Rosana Pérez, denunciaron as "graves e demoledoras" consecuencias para a frota galega tras o acordo do Brexit e reclamaron "medidas compensatorias" a curto prazo, para "non condenar ao sector ao despezamento".

Durante a súa intervención, Miranda lembrou que están en xogo 1.400 postos de traballo de tripulantes e 10.000 empregos indirectos. Por iso, anunciou que o BNG solicitou un encontro co comisario de Pesca e enviou as propostas da formación ao grupo de traballo no que está integrado.

E é que, a portavoz do Bloque na UE recalcou que a frota galega "é unha das grandes prexudicadas" no acordo no Brexit. Lembrou, neste sentido, que os galegos "foron os que en 1929 descubriron a potencialidade pesqueira do Gran Sol" e sinalou que Galicia "non pode perder os dereitos históricos da pesca".

En opinión das dirixentes nacionalistas, o Goberno central e autonómico "non mostraron firmeza" para defender a frota galega. Así, ademais de convocar o Consello Galego de Pesca, que lamentaron que non fose antes deste acordo, reclamaron convocar aos grupos políticos.

"ESCENARIO DE URXENCIA"

"O acordo entre a Unión Europea e o Reino Unido presenta un escenario de urxencia para a pesca galega", indicou Miranda, que mostrou a fotografía dunha espiña de peixe para escenificar que o acordo "leva a carne e non deixa ningún beneficio para a nosa frota".

Rosana Pérez, pola súa banda, lamentou a falta de peso político da Xunta para "pelexar antes, durante e despois" do acordo, xa que, ao seu xuízo, o "problema da pesca é que Galicia non conta con negociadores propios". A deputada nacionalista considerou que a UE tratou a Galicia, desde o ano 76, como "o inimigo a bater" e a conselleira de Mar leva 11 anos no Goberno "consentindo o estrangulamiento" do sector.

Pérez indicou que agora "era o momento de situarse politicamente en contra da repartición das cotas", pero Quintana, acusou, "limitouse a propor a diminución dos mariñeiros", unhas declaracións que o PP xustificou dicindo que eran ironía. Rosana Pérez tamén indicou que o Bloque preguntará polos criterios de repartición do fondo de reserva da UE e pedirá un fondo de compensación.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada do Bloque na Cámara Rosana Pérez,tras o acordo do Brexit e a repartición de cotas. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada do Bloque na Cámara Rosana Pérez,tras o acordo do Brexit e a repartición de cotas. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 nostrus

Al BNje no hay que hacerle caso porque no es un partido serio. Lo de ellos es una obsesion porque el pueblo viva estancado en la cultura y sin progresar, mientras se disfraza de progresista. No hay nada más antiprogresista que estancarse en la cultura y las tradiciones. La cultura debe ser mantenida en unos mínimos para que la gente sepa de su pasado, pero no es necesario que absolutamente toda la gente la practique y las personas deben hacer lo que les de la gana. El progreso viene de la mano del intercambio cultural y no del estancamiento.O BNG debe ser tratado como un "inimigo a bater"

1 Ricardo R.

Si esto es verdad, Ana Miranda debería presentar su dimisión inmediata. Tantos años cobrando sueldazo en Bruselas y viviendo de p.m. no sirvieron para nada útil.

1 gundisalvo nogueirol

os que tiñan que rendir contas ante o pobo galego e ser xulgados por un tribunal popular son os politicastros traidores do pe$oume e do pepeiro... porque son autenticos traidores a patria!

2 Ricardo R.

La cosa se pone interesante cuando ya se empieza a mencionar lo de traidores a la patria y ser juzgados por un tribunal popular. Recordemos como terminaron los Ceacescu, comunistas que vivían a todo trapo mientras que los rumanos se morían de hambre y frío.