Así o foi o rescate en plena Noiteboa do home que atoparon inconsciente no río Sar

O home, que estaba parcialmente sumerxido, presentaba un cadro de hipotermia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Santiago rescataron durante a madrugada do día de Nadal a un home inconsciente que se achaba semisumerxido no río Sar. Segundo informaron, foi unha veciña da Travesía Ponte do Sar a que chamou para alertar de que había unha persoa no río. Ata a zona acudiron entón dúas patrullas e unha ambulancia do 061, que constataron que había un home mergullado no río boca abaixo.

Os axentes penetraron no río e lograron rescatar á vítima, trasladándoa cara á beira, onde, xunto aos técnicos de emerxencias, proporcionáronlle os primeiros auxilios. O home, de 35 anos, presentaba un cadro de hipotermia e, tras as manobras sanitarias, expulsou "abundante auga do interior do seu corpo". Foi trasladado ao Hospital Clínico.

Río Sar, onde foi atopado o home
Río Sar, onde foi atopado o home | Fonte: plancoruna.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta