A Xunta di que "estudará" a petición de axuda dos Concellos pero bota a pelota ao Goberno Central

O presidente da Fegamp alerta da "asfixia" dos entes municipais: "os pequenos e medianos non van ser capaces de facer fronte á situación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, comprometeuse ante o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, a estudar a súa solicitude de máis fondos para custear o servizo de axuda no fogar ante a "asfixia" económica que sofren algúns concellos no actual contexto de crise sanitaria.

Así o dixo en declaracións a Europa Press ao termo dun encontro que durou ao redor dunha hora na sede da Xunta en San Caetano. Xunto a Varela, e despois de que este sinalase que a mesma petición da federación foi achegada ao Goberno central, a conselleira subliñou que este Executivo, o presidido por Pedro Sánchez, debe achegar máis para sufragar a lei de dependencia.

"AFOGADOS E SOBRECARGADOS"

"Trasladeille á conselleira o afogados que estamos os concellos galegos cun recurso que é fundamental para atender aos nosos maiores e aos nosos dependentes", sinalou. Este custo, segundo remarcou, está "sobrecargando" as arcas municipais e avisou de que vai significar que pequenos e medianos "non van ser capaces de facer fronte a esa situación".

A conselleira de Política Social e o presidente da Fegamp
A conselleira de Política Social e o presidente da Fegamp | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta