O transporte urbano seguirá sendo gratuíto para a rapazada galega menor de 21 anos

A administración autonómica vén de prorrogar a prestación para o ano 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas publica este luns no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa gratuíta no autobús interurbano da Xunta co cartón Xente Nova para o ano 2021, que tamén inclúe a expansión das súas vantaxes a toda Galicia, cun investimento previsto de 4 millóns de euros.

O cartón Xente Nova é unha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta puxo en marcha no ano 2016 nas áreas de transporte metropolitano para permitir a gratuidade no transporte público a menores de 19 anos. O pasado 1 de xaneiro ampliouse a cobertura do dispositivo ata os menores de 21 anos e, o pasado mes de xuño, a Xunta puxo en marcha este dispositivo tamén na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra.

Na actualidade hai activas en Galicia un total de 79.496 cartóns Xente Nova, que están a permitir aos menores de entre 4 e 20 anos viaxar de maneira gratuíta nos autobuses interurbanos da Xunta.

Por áreas de transporte metropolitano, a da Coruña encabeza o número de dispositivos, cun total de 22.753; seguida de Vigo, con 17.181, e Santiago, con 12.116 cartóns. A área de transporte metropolitano de Ferrol conta cun total de 9.595 cartóns e a área de Pontevedra con 7.029. Na provincia de Ourense hai 2.678 dispositivos expedidos e na área de transporte metropolitano de Lugo, 1.400. No resto de concellos de Galicia expedíronse un total de 6.735 cartóns.

Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo
Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta