Emigración destinou 600.000 euros en 2020 para apoiar a case 100 retornados

Todos eles iniciaron proxectos empresariais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

A Xunta destinou 600.000 euros en 2020 para apoiar a case un centenar de galegos retornados que puxeron en marcha un proxecto empresarial, segundo informa o departamento de Emigración.

O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, destaca que o 65% das solicitudes proceden de América, mentres o 29% fano desde Europa. Por provincias, de acordo cos datos da Xunta, A Coruña contou con 42 novos negocios de galegos retornados apoiados pola Xunta; Pontevedra con 35, 11 Ourense e seis Lugo.

Balance de Emigración da Xunta. XUNTA
Balance de Emigración da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

En Vigo temos varios "retornados" especialmente venezolanos que parecen vir con cartos en negro a moreas, se xulgas polos locais que pillaron totalmente prohibitivos para os naturais ! E logo semellan ter boas Xestorías que os informan de calquera axuda ou crédito que podan pillar para logo non pagar un euro... Sintoo se tedes mellores experiencias... pero a min foderonme un bar moi decente e convertérono nunha miseria, ao cabo de dous meses xa o tiñan pechado e os camareiros en ERTE e os propietarios a xogar á Lotaría !