Galicia pasa nun día dun a dez novos falecementos pola covid

O número de mortos é xa de 1.380. Dous dos falecidos eran dunha residencia de maiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este luns 10 novos falecementos vinculados á pandemia de covid-19 en Galicia, co que a cifra total de mortos relacionados co coronavirus sitúase nos 1.380.

Esta cifra, no entanto, non fai referencia exclusivamente ás persoas falecidas nas últimas 24 horas, se non que se corresponde á actualización do reconto de Saúde Pública de vítimas rexistradas ao longo do fin de semana que se comprobaron que eran positivas á covid-19.

En concreto, catro dos falecidos estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago: un home de 84 anos, unha muller de 88, unha muller de 87 e outra muller de 77 anos; mentres que o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee rexistrou tres mortes, a dun home de 64 anos, a dunha muller de 73 e a dun home de 84, estes dous últimos procedentes da residencia DomusVi de Vimianzo.

Por outra banda, faleceu unha muller de 84 anos no Hospital da Coruña, un home de 68 anos que se atopaba ingresado en Povisa, en Vigo, e un home de 71 anos no Hospital de Ferrol.

Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta