Galicia mantén as mesmas restricións para Fin de Ano que en Noiteboa

A xente poderá moverse, mesmo en zonas confinadas, entre o 30 de Nadal e o 1 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2020 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

As restricións para a celebración de Fin de Ano mantéñense invariables con respecto ás de Noiteboa: recomendación de reunirse só co núcleo familiar conviviente e, se non é posible, máximo dous e seis persoas.

En canto á mobilidade, estará permitida desde as 00,00 horas do día 30 ata as 23,00 horas do 1 de xaneiro. Ademais, o toque de queda amplíase o día de Noitevella ata as 1,30 horas da madrugada.

O conselleiro de Sanidade, Julioo García Comesaña, explicou estas medidas e introduciu algunhas novidades. As limitacións para hostalaría cambian nos niveis de restrición medio alto e alto, de maneira que se poderá pechar ás 18,00 horas en lugar das 17,00 horas do límite actual. O día de Ano Novo, ademais, as cafetarías teñen o horario de apertura ás 11,00 horas.

Sanidade lembra que este ano non están permitidas as festas de Fin de Ano, nin os encontros na rúa para celebrar a chegada de 2021, así como tampouco se pode fumar na rúa e hai que manter a máscara posta en todo momento, salvo no acto de consumo dunha bebida ou comida.

Nadal en Santiago  de Compostela, en decembro de 2020
Nadal en Santiago de Compostela, en decembro de 2020 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta