A pensión en Galicia sobe en decembro pero é case 200 euros máis baixa que a media estatal

As de xubilación ascenden a 985,89 euros en Galicia, pero son de 1.170 no resto do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

A pensión media en Galicia a 1 de decembro situouse en 865,94 euros, o que supón un aumento do 2,37% en comparación co mesmo período do ano anterior, pero representa un 85,07% da contía media, que alcanza os 1.017,97 euros.

Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Seguridade Social, o número de pensións na comunidade galega ao comezo do último mes do ano é de 766.272, un 0,18% menos que un ano atrás. No relativo aos diferentes tipos de pensións, as de xubilación foron 480.910 e o valor destas prestacións ascendeu a 985,89 euros.

No conxunto estatal, a Seguridade Social destinou neste mes de decembro 9.985,26 millóns de euros ao pago de pensións contributivas, un 2,31% máis que no mesmo mes de 2019. Na nómina de decembro abonáronse 9.809.019 pensións contributivas, un 0,08% máis que hai un ano.

DATOS ESTATAIS

Máis de dous terzos da nómina destináronse ao abono das pensións de xubilación, que sumaron un importe de 7.168,76 millóns de euros, un 2,95% máis que en decembro do ano pasado.

Ás pensións de viuvez, destináronse 1.716,6 millóns de euros, un 1,44% máis que hai un ano, mentres que ás prestacións por incapacidade permanente dedicáronse 934,83 millóns de euros (-0,68%).Pola súa banda, ao pago das prestacións de orfandade destináronse case 134,48 millóns (+1,13%), e ás prestacións a favor de familiares, 25,59 millóns de euros (+2,35%).

A pensión media de xubilación alcanzou en decembro os 1.170,26 euros, un 2,34% máis que o ano pasado, mentres que a pensión media de viuvez foi de 729,62 euros ao mes (+2,05%).

Decenas de xubilados concéntranse na Praza do Obradoiro convocados pola plataforma Pensionistas Compostela.
Decenas de xubilados concéntranse na Praza do Obradoiro convocados pola plataforma Pensionistas Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta