Sanidade destaca os "bos resultados" no inicio da campaña de vacinación máis aló da reprogramación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2020 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou os "bos resultados" no inicio da campaña de vacinación máis aló das reprogramacións que se tiveron que levar a cabo motivado polos cambios na subministración das doses.

A campaña de vacinación comezou en Galicia o pasado domingo, na residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela. Tras o atraso da vacina de Pfizer, pospúxose a este mércores a segunda fase, pero finalmente decidiuse reiniciala este martes coas vacinas sobrantes da primeira remesa chegada o fin de semana.

O titular de Sanidade destacou a "boa" noticia de que a vacina xa se estea aplicando á cidadanía e confiou en que os resultados nos próximos días, que se estenderán a todas as áreas sanitarias, sexan "igual de bos" que no arranque da subministración das doses.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, en rolda de prensa a 29 de decembro tras o comité clínico do 28 de decembro de 2020. Xunta de Galicia
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, en rolda de prensa a 29 de decembro tras o comité clínico do 28 de decembro de 2020. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta