A vacina contra a covid chega xa a centros de maiores de toda Galicia: "así seguimos loitando contra o virus"

Tras a vacinación en residencias das sete áreas sanitarias, as vacinacións proseguirán a partir do mércores en sete residencias.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/12/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Un home de 86 anos, natural de Úbeda (Xaén) e usuario do fogar residencial Bellolar, na cidade herculina, foi o p Inocencio Corbal contou as primeiras sensaciónsrimeiro vacinado na área sanitaria da Coruña e Cee. E coma el, ata 340 persoas, entre usuarios e traballadores de centros de maiores, serán vacinados ao longo deste martes.

Tras recibir a vacina, Juan Molina mostrábase contento e emocionado. "Si, porque isto é un perigo para nós", respondeu ao ser preguntado se tiña ganas de porse a vacina. Ademais, alentou a seguir "loitando" contra o virus e para que "isto non pase máis".

Tamén contentos mostrábanse entre o persoal do centro. Así, María José Rey, médico da residencia Bellolar, trasladaba palabras de "admiración" polos maiores, en concreto por como afrontaron o actual contexto de pandemia e a perda, como o caso de Juan Molina, dun amigo.

Juan Molina, de 86 anos, natural de Úbeda (Xaén),  primeiro vacinado contra a Covid-19 na área sanitaria coruñesa. M. Dylan - Europa Press
Juan Molina, de 86 anos, natural de Úbeda (Xaén), primeiro vacinado contra a Covid-19 na área sanitaria coruñesa. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

VIGO

Tamén a área sanitaria de Vigo iniciou este martes a vacinación contra a COVID-19, que se prevé que chegue a case 2.000 persoas ata o vindeiro luns, na residencia de maiores Santa Ana de Ponteareas .

Deste xeito, os usuarios do centro María Bello e Abilio Rama, de 83 anos, foron os primeiros da zona en recibir a vacina. Posteriormente, administrouse ás demais persoas que viven nas instalacións, fóra de catro que non se atopaban nestas, e a parte dos seus traballadores.

Preguntada polos medios, a directora do centro, no que non se rexistrou ningún caso de coronavirus, Elisabeth Mella, detallou que se administrou a vacina a 27 dos empregados dado que algúns non puideron ou non quixeron recibila, así como a 27 residentes.

SANTIAGO

Tamén despois de que o inicio simbólico da campaña de vacinación contra a covid-19 en  Santiago --concretamente na residencia Porta do Camiño-- a área sanitaria continuou este martes o proceso cos 32 usuarios e os 18 traballadores dos Arcanxos, en Teo, e coa previsión de chegar a 12 centros residenciais ata o sábado.

Sabina Salvado García foi a primeira usuaria do centro en recibir esta mañá a vacina, pasadas as 9,00 horas, que foi administrada por un equipo de enfermaría formado por Diego Mosteiro e Eva Domínguez.

Tras recibir a súa dose, a usuaria afirmou sentirse "moi feliz" de protagonizar un día así e "moi ben" tras recibir a vacina, unha comparecencia que fixo, ás portas da residencia, acompañada da xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, da directora do centro e da coordinadora dos equipos de vacinación da área compostelá, Susana Mirás.

OURENSE

A vivenda comunitaria San Marcos de Cudeiro, en Ourense, foi a primeira da área sanitaria en vacinar, este martes, aos seus traballadores e usuarios, entre eles o nonaXenario Inocencio Corbal, o primeiro en recibir a súa dose, que expresou a súa ilusión en poder, por fin, abrazar á súa neta, de dous meses, que só puido ver a distancia.

"Teño ganas de poder coller á miña neta, aínda non puiden facelo porque só ten dous meses. Vina, pero foi desde o coche", dixo o propio Corbal aos medios tras recibir a súa primeira dose de inmunización e abrir con iso a campaña de vacinación en Ourense.

Acompañado dos sanitarios que se encargaron do proceso de vacinación e ás portas da residencia, Inocencio Corbal contou as primeiras sensacións. "É unha satisfacción, agora estamos ben coa vacina metida, recoméndolle a todo o mundo que a poña", dixo o nonaxenario, que afirmou non sentir "ningunha dor". "Mañá mesmo poría outra se fose necesario", engadiu.

LUGO

No caso da área sanitaria de Lugo, foi  María del Carmen Fernández, de 85 anos e usuaria da residencia de maiores de Burela, a primeira persoa vacinada contra a covid-19, unha dose que recibiu "agradecida" e con "moita emoción": "Síntome liberada e libre deste pesadelo", contou ante os medios. Tras este paso, que marca o comezo da campaña de vacinación contra o coronavirus na área sanitaria, a muller quixo dar as grazas a todos os profesionais participantes.

O xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, que foi testemuña desta vacinación, asegurou estar "moi contento" coa campaña que, en Lugo, acaba de arrincar en Burela. Ares avanzou que "o próximo mes de xaneiro procederase a vacinar a todos os residentes de todas as residencias da área sanitaria", co que, entre persoal e usuarios, alcanzaranse as 7.500 persoas.

PONTEVEDRA

En Pontevedra, os 27 traballadores e os 19 residentes do Fogar Residencial Servisenior de Vilagarcía convertéronse nos primeiros en recibir a vacina da covid-19. En concreto, á primeira hora da mañá vacináronse os traballadores, aproveitando o momento do almorzo dos residentes. Despois, foi a quenda dos maiores. María Ana Ciancio, de 86 anos, foi a primeira residente en recibir a vacinación. "Foi moi ben. Non a sentín para nada", asegurou pouco despois aos xornalistas.

O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez Fernández, considerou esta primeira xornada de vacinación como "un día emocionante", tras o que confirmou que ningún dos residentes deste centro rexeitou vacinarse. "É un colectivo moi sensibilizado respecto diso", explicou. Ademais, confía en que, se a distribución da vacina non sofre atrasos, "en tres semanas, despois de Reis, estarían vacinados o cento por cento de profesionais e residentes" da área.

FERROL

Victoriano Enrique Carracedo, de 79 anos e usuario da residencia de maiores de Caranza, foi a primeira persoa en recibir a vacina da covid-19 na área sanitaria de Ferrol, unha dose que chega "como auga de maio" e que, en segundo lugar, recibiu tamén a súa muller, que reside no mesmo centro. O proceso transcorreu "con moita rapidez e con moita tranquilidade", detallou este home de 79 anos, que tamén tivo palabras de agradecemento para os traballadores deste centro residencial.

O director do centro sociosanitario de Caranza, Juan Carlos Berrocal, incidiu en que "este é un día moi especial para este centro". "Os residentes pasárono mal, foron uns momentos que vivimos con tensión, con angustia e o de hoxe é un día de alegría, onde temos algo polo que estar contentos, como é acabar o ano desta maneira", contou.

CONTINUAR EN SETE RESIDENCIAS

Pola súa banda, o xerente da área sanitaria da Coruña-Cee, Luís Verde Remeseiro, remarcou que comeza o que será "a maior campaña de vacinación que se puidera ver e imaxinar".

En relación ao procedemento que se seguirá, explicou que 16 equipos, integrados por un total de 33 persoas, levarán a cabo a vacinación en residencias como a deste martes, onde se procedeu a vacinar a 24 residentes e aos 18 traballadores que conforman o persoal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta