Os galegos pasaron 73 horas á semana conectados a Internet durante o 2020

A media nacional é de 74 horas semanais.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Segundo o ‘Digital Consumer Survey 2020’ elaborado por Nielsen Media en colaboración con Dynata, os galegos pasaron de media 73 horas á semana conectados a Internet durante este 2020. Isto dáse debido a que estivemos moito máis tempo en casa debido ao confinamento e ás posteriores restriccións derivadas pola pandemia. A media nacional é de 74 horas semanais.

Smartphone, móbil. GOBERNO DE ARAGÓN - Arquivo
Smartphone, móbil. GOBERNO DE ARAGÓN - Arquivo

Das 73 horas semanais de media que consumen os galegos Internet, 28 delas son a través do seu teléfono móbil, 27 horas pásanas no ordenador de sobremesa ou no portátil, 10 horas as consumen a través da televisión (Smart TV), 6 horas coa tablet e dúas horas con dispositivos de innovación recente, como os altavoces intelixentes.

Porén, os medios convencionais en Galicia seguen a ser consumidos durante varias horas semanais, xa que a televisión vese de media 15 horas semanais e a radio é escoitada 11 horas de media semanal. En contraposición, os galegos só dedican 4 horas a ler o xornal en papel.

O TELÉFONO MÓBIL COMO DISPOSITIVO PREDILECTO

O teléfono móbil é o medio máis usado polos galegos para consumir contidos en Internet, xa que é consultado polo 97% de cidadáns da comunidade galega a diario; soamente un 3% faino cunha frecuencia inferior a unha vez ao día.

Segundo o estudo, os motivos para consumir información a través do teléfono móbil son: buscar información (o 84%), o acceso a redes sociais (o 83%), a realización de videochamadas ou escoitar escuchan música (o 69%), a consulta do seu correo electrónico (o  (68%)  e estar pendentes da actualidade lendo as noticias (o 56%).

USO DO ORDENADOR

Pola súa parte, o ordenador é usado diariamente polo 82% dos galegos, mentres que o 10% úsao varias veces á semana, mais non tódolos días. Soamente un 3% asegura non utilizalo nunca.

Con respecto aos motivos da súa utilización, o 74% dos galegos buscan información a través del, o 71% realiza as súas compras de maneira online -práctica que consolidouse debido á pandemia-, e o 70% usa o ordenador para revisar o seu correo electrónico.

ACCESO ÁS REDES SOCIAIS

 

As redes sociais son as principais e favoritas páxinas web e aplicacións de teléfono móbil que máis consumen os galegos, xa que, segundo o estudo, estes dedican 10 horas á semana a consultar as súas redes sociais, dúas horas menos que a media nacional. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta