O Parlamento pide solucións aos problemas de ventilación do conservatorio da Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2020 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O Parlamento insta á Xunta a solucionar os problemas de ventilación que afectan á comunidade educativa do conservatorio superior de música da Coruña. Faino por unanimidade dos grupos, a partir dunha iniciativa do BNG que se debateu este martes na comisión de cultura. En concreto, demanda a realización das obras "necesarias" para garantir "a correcta ventilación e seguridade do centro".

Segundo explicou o Bloque, do mesmo xeito que acontecía no conservatorio profesional de música Manuel Quiroga de Pontevedra, no caso do da Coruña "os problemas veñen motivados fundamentalmente polo deseño das xanelas do edificio que, dado o seu reducido tamaño, provocan unha falta de ventilación que dificulta enormemente o normal desenvolvemento da vida académica".

Se os problemas de ventilación son un problema "evidente" para un edificio que alberga este tipo de ensinos "en calquera momento, moito máis o son nunha situación epidemiolóxica como a que se está padecendo", advertiron os nacionalistas.

Conservatorio Profesional de Música da Coruña
Conservatorio Profesional de Música da Coruña | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta