A Xunta pide desprazamentos "mínimos" en Fin de Ano e celebracións "estritamente familiares"

O conselleiro cualifica de "excelente" a campaña de vacinación iniciada en residencias

Por E.P. | A CORUÑA | 30/12/2020 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, instou á cidadanía a realizar os desprazamentos "mínimos" en Fin de Ano e a ter unha celebración de despedida de 2020 "estritamente familiar".

A preguntas dos xornalistas, manifestou que esperan que nestas datas pase "o mesmo" que en Noiteboa e Nadal, das que destacou o "comportamento excelente e impecable dos galegos facendo unha mobilidade mínima".

Por iso, volveu a pedir que haxa os desprazamentos "mínimos" e "imprescindibles" e que as reunións sexan, prioritariamente, "só con conviventes". "A nosa primeira e máis forte recomendación", recalcou. Neste sentido, insistiu en que sexan no "ámbito estritamente familiar". "Na contorna familiar de conviventes", volveu a incidir o titular de Sanidade, quen lembrou que están prohibidas as reunións na vía pública "para beber, comer e fumar".

VACINACIÓN

Por outra banda, o conselleiro destacou o "resultado tan bo" da vacinación da covid-19 e subliñou que as vacinas dispensadas este martes nas áreas sanitarias galegas serviu de "rodaxe" para as futuras doses que se irán aplicando.

"Todo foi de maneira excelente", dixo Comesaña, quen especificou que agora se entrará en "a fase normal" para a vacinación de "39.000 galegos" entre usuarios de residencias e traballadores.

Transeúntes fanse fotos baixo as luces do Nadal, en Vigo, Galicia (España), a 25 de decembro de 2020. Vigo está pechada perimetralmente, pero aberta entre o 23 e 25 de decembro para permitir encontros familiares.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Transeúntes fanse fotos baixo as luces do Nadal, en Vigo, Galicia (España), a 25 de decembro de 2020. Vigo está pechada perimetralmente, pero aberta entre o 23 e 25 de decembro para permitir encontros familiares.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta