Foro Económico de Galicia cre que empeorarán os datos económicos do último trimestre

Con todo, din que "consolida a súa mellora" a pesar da caída do 2,4% en outubro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2020 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

O Foro Económico de Galicia advirte que a actividade económica galega "consolida a súa mellora", xa que o seu indicador en colaboración con Abanca mostra en outubro unha caída interanual do 2,4%, cifra que supón unha melloría dun punto respecto de setembro.

"Aínda que o dato de outubro é positivo, é previsible que a situación empeore nos dous meses restantes do trimestre, debido ás medidas de contención adoptadas para frear o virus", avisa.

En todo caso, o Foro cre que "poden manterse" as previsións para 2020 en relación con que o comportamento da economía de Galicia "será mellor que o do conxunto estatal", nunha porcentaxe que "previsiblemente superará os dous puntos porcentuais".

A análise do indicador, apunta, mostra un "extraordinario comportamento da produción de vehículos turismo" cun crecemento interanual superior ao 40%, xunto coas exportacións, que tamén aumentan máis do 15%. As variables con peor comportamento en setembro foron os viaxeiros en hoteis e o transporte, tanto de viaxeiros como marítimo de mercadorías, este último cunha diminución interanual do 11,1%.

Contabilidade
Contabilidade | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta