A Deputación da Coruña pide aumentar o orzamento para programas de emprego

Por E.P. | A CORUÑA | 30/12/2020 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este mércores unha moción instando á Xunta de Galicia a aumentar o orzamento para a execución de Programas Integrados de Emprego (PIE) xestionados polos concellos. "E que, cando menos, non sexan inferiores aos do exercicio anterior e contribúan a paliar o impacto económico negativo que está a causar a pandemia da Covid-19", sinala nun comunicado o organismo provincial.

A moción foi aprobada cos votos favorables de PSOE, BNG, Marea Atlántica --impulsora da moción-- e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do PP. No texto aprobado polo pleno ínstase á Xunta a realizar un incremento do orzamento previsto para a execución de programas integrados por entidades locais no bienio 2020-2021.

A Deputación da Coruña reclama que o programa se adapte ao novo contexto producido tras a aparición da pandemia "para que os concellos e entidades locais poidan, verdadeiramente, axudar os veciños na inserción ou reinserción laboral".

A Deputación da Coruña celebra un pleno telemático. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña celebra un pleno telemático. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta