Cesado o xefe de Estudos da Escola Naval de Ferrol pola celebración do afundimento dun submarino "rojo" en 1937

O BNG pediu no Congreso que se investigue "unha efeméride non permitida".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/01/2021 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A Armada decidiu cesar ao xefe de Estudos da Escola Naval da Graña, en Ferrol, por publicar "unha efeméride non permitida" na orde do día deste centro do pasado venres, 1 de xaneiro. O Ministerio de Defensa asegura que este mando foi "o responsable da redacción e publicación da orde diaria" e que por iso será apartado de cargo.

Orde do día 1 de xaneiro de 2020 da Escola Naval da Armada en Ferrol, que leva nas súas 'efemérides' o afundimento dun submarino da 'escuadra vermella'.. BNG
Orde do día 1 de xaneiro de 2020 da Escola Naval da Armada en Ferrol, que leva nas súas 'efemérides' o afundimento dun submarino da 'escuadra vermella'.. BNG | Fonte: Europa Press

Todo iso precipitouse este sábado despois de que o deputado do BNG, Néstor Rego, rexistrase unha iniciativa no Congreso para reclamar ao Ministerio de Defensa que investigue a celebración nesta escola do afundimento dun submarino da "escuadra roja" en 1937, en plena Guerra Civil.

O Bloque fíxose eco dun documento oficial, difundido a través das redes sociais, cunha orde do día que no apartado de 'efemérides' lembra o afundimento do submarino 'C5' da chamada "escuadra roja", cunha "linguaxe propia da Guerra Civil e do franquismo", indicou a formación.

En concreto, segundo despréndese dunha fotografía difundida, o documento lembra como a principios de xaneiro de 1937 o "heroico" tenente de navío Don José Lara y Dorda afundiu "o submarino da escuadra roja 'C5'" ao fracasar o seu "atrevido plan para apoderarse do buque e pasar con el á frota nacional". "Houbo outros casos nos que os oficiais aparentaron servir aos 'rojos', con gran risco das súas vidas, evitando con habilidade e engano efectuar ataques aos buques nacionais", continúa o texto.

Por mor diso, o BNG rexistrou a iniciativa no Congreso para que "se investigue" o ocorrido, porque de confirmarse sería "un feito gravísimo" por tratarse dun documento oficial da Armada no que se utiliza "linguaxe e terminoloxía propia da época e do franquismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 teresasss

José María de Lara ¿tiene relación familiar con la juez Pilar de Lara? www.galiciaartabradigital.com/archivos/164330

1 Dalle que libras

Na miña opinión, deberiades publicar o nome de ese individuo que foi CESADO ¡¡¡