Temas: PRAIA MAR FERROL

Ferrol súmase á Coruña e pecha o acceso a varias praias pola aparición de exemplares de carabelas portuguesas

As autoridades advirten do perigo desta especie.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 03/01/2021 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol decretou o peche de varias praias do municipio tras a aparición de exemplares de carabelas portuguesas, que tamén chegaron a outros puntos do litoral coruñés. Deste xeito, Ferrol súmase este domingo á Coruña, que o pasado sábado anunciou a clausura de todos os areais da cidade herculina polo mesmo problema.

En concreto, o peche afecta en Ferrol ás praias de Ponzos, Santa Comba, San Xurxo e Penencia, onde apareceron exemplares desta falsa medusa venenosa

Efectivos de Protección Civil de Ferrol despregáronse polos areais para iniciar a súa recolección, co obxectivo de evitar que poidan afectar a algunha persoa ou mascota

As autoridades advirten do perigo desta especie que, mesmo despois de morta, pode chegar a inxectar veleno se se ten contacto con ela.

Efectivos de Protección Civil retiran carabelas portuguesas nas praias de Ferrol
Efectivos de Protección Civil retiran carabelas portuguesas nas praias de Ferrol | Fonte: Europa Press

Temas: PRAIA MAR FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta