Temas: COVID-19 NADAL

(VÍDEO) Así serán os agasallos de Reis do ano covid, entre o aforro e a resignación

A Covid-19, ademais de provocar unha crise sanitaria, tamén afectou de forma profunda á economía da sociedade galega. Comerciantes e cidadáns cóntannos como serán este ano os agasallos de Reis.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

As limitacións de xuntanzas entre persoas, os peches perimetrais, o medo ao contaxio da Covid-19 e a crise económica que seguiu á pandemia protagonizan unhas festas de Nadal nas que a compra de agasallos tamén se verá afectada.

Tienda Toys R Us
Tienda Toys R Us

Os galegos e as galegas adoitaban, en anos anteriores, a acudir a mercar os agasallos de Nadal para toda a familia nas grandes cidades galegas e gastando boa parte da paga extra de Nadal en encher de ilusión aos seus familiares.

Porén, este ano non será o mesmo, xa que nin poderemos ver a todos os nosos achegados cos que disfrutábamos destas festas nin temos tanto poder adquisitivo coma antes, e aínda que o tivésemos, quereríamolo gardar por medo ao que virá.

En declaracións a Galicia Confidencial, consumidores e comerciantes contan como se vivirán este ano nos seus fogares as sorpresas nas que os agasallos serán os grandes protagonistas, aínda que todos, incluso os máis pequenos, son conscientes de que este ano non será como o anterior.

Temas: COVID-19 NADAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta