Feijóo sobre os casos de covid no Nadal: "Pensabamos que podía ter unha influencia peor"

Avanza que pode haber "máis restricións" en próximas datas e que a mobilidade en Reis "non está fácil".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que é "probable" que, na súa reunión deste luns, o comité clínico lance "un preaviso" a aquelas zonas con maior incidencia do virus, que, se seguen empeorando, enfrontaranse a "máis restricións" en próximas datas, polo que, advertiu, a mobilidade para o día de Reis "non está fácil".

Así o explicou durante unha entrevista na Cadea Cope na que admitiu que a incidencia do coronavirus en Galicia "subiu" e sitúase na contorna dos 190 casos por 100.000 habitantes a 14 días. Aínda así, explicou, a comunidade "subiu menos que a media" e a ocupación en hospital e UCI "é das máis baixas" do Estado. "Estabamos preocupados, pero pensabamos que podía ter unha influencia peor", subliñou, en relación ás festas do Nadal, aínda que indicou que isto "aínda se vai a medir esta semana".

COMITÉ CLÍNICO

Sobre a posibilidade de incrementar restricións, Núñez Feijóo lembrou que o comité clínico de expertos manterá este luns unha nova reunión na que se analizarán "todos os parámetros". Cos datos dos últimos días, incidiu, "probablemente o comité clínico faga un preaviso", unha "técnica" que se empregou cando se observa "que o índice está a subir, non o suficiente para tomar unha decisión drástica, pero se para preavisar aos cidadáns e ao sector hostaleiro".

A partir de aí, engadiu, "nos próximos días e se non mellora", haberá que "tomar restricións no ámbito da hostalaría e da mobilidade". De feito, o presidente galego lembrou que, unha das cuestións que se analizan este luns é a posibilidade de permitir a mobilidade desde áreas pechadas durante o día de Reis, "pero non está fácil", admitiu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta