Feijóo xustifica os problemas de vacinación da covid alegando que deixou 6.000 "en reserva"

Advirte de que sen vacinas doutros laboratorios "vai ser moi difícil inmunizar" á poboación en 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confiou en que durante o primeiro trimestre deste ano sexa posible que outros laboratorios acrediten as súas vacinas contra a covid-19 a nivel europeo, xa que, sen estas doses adicionais, "vai ser moi difícil inmunizar a toda a xente durante o ano 21".

Nunha entrevista na Cadea Cope, o presidente galego garantiu que Galicia ten os medios e a loxística para cumprir o programa de vacinación, pero que teme cortes na subministración. "O problema é a materia prima", indicou. "Necesitamos máis vacinas, necesitamos que outros laboratorios teñan capacidade de fabricación da vacina", explicou o presidente galego, para ir "máis rápido" na inmunización e poder alcanzala este ano.

En Galicia, excepto o atraso a nivel nacional da primeira xornada programada, a campaña está a cumprirse a bo ritmo. O presidente galego explicou que, no entanto, están preocupados por que poida existir unha ruptura de stock á hora de proporcionar a segunda dose aos pacientes inmunizados coa primeira.

Por este motivo, Galicia decidiu, do primeiro continxente de 18.000 vacinas, deixar un terzo e administrar 12.000. Así, no caso de que non existan suficientes unidades para a segunda dose chegado o momento, poida tirarse dese remanente. "Non nos atrevemos a dispensar as 18.000 doses porque non temos a seguridade de que nos van a chegar ao tres semanas as doses necesarias", resolveu.

Finalmente, o presidente galego expresou a súa desconformidade co sistema de repartición das vacinas a nivel nacional, incidindo en que sería necesario que se contase con "o número de persoas en residencias" en cada comunidade e a cifra de maiores de 65 anos, que en Galicia supoñen o 25% da poboación fronte ao 20% a nivel estatal.

Vacinación
Vacinación | Fonte: EP

CRÍTICAS A SÁNCHEZ

Por outra banda, Alberto Núñez Feijóo, reprochou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a ausencia de diálogo para a repartición dos fondos europeos. "Inventáronse uns criterios novos".

En liña coas súas últimas manifestacións a este respecto, Feijóo, ao ser preguntado se hai comunicación co presidente do Goberno, respondeu de forma tallante cun "non". "Non sei se hai algún presidente autonómico que teña relación bilateral, cos que eu falo non".

En particular, o presidente galego criticou que o Executivo efectuase unha repartición "de 10.000 millóns, un luns pola tarde, antes de Fin de Ano". "A algunhas comunidades autónomas tocoulles o 'gordo' e a algunhas nos tocou pagar o 'gordo'", dixo sobre os fondos para a reactivación económica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta