A Xunta destinará 3,5 millóns a mellorar e renovar as instalacións de establecementos turísticos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns que a Xunta destinará 3,5 millóns de euros á nova convocatoria da orde de axudas para mellorar os establecementos turísticos, o que supón máis do dobre dos 1,5 millóns do ano pasado.

Así o dixo durante unha visita ao albergue da Asociación Galega Amigos do Camiño de Santiago (AGACS) San Antonio de Herbón de Padrón, na que estivo acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Segundo explicou, a Xunta aposta con estas achegas porque os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, casas de turismo rural, albergues turísticos e negocios de restauración que soliciten estas axudas poidan ofrecer un servizo de calidade e unha oferta competitiva e diferenciada que axude a recuperar a confianza dos viaxeiros neste ano Santo dobre, así como reactivar o sector.

Ademais, na convocatoria deste ano, que o Goberno galego prevé publicar na segunda quincena deste mes, financiarase ata o 50% do investimento realizado polos locais nas súas infraestruturas, cunha achega dun máximo de 50.000 euros. Na orde do ano pasado a subvención máxima era dos 35.000 euros e do 35% do investimento.

Entre as actuacións subvencionables inclúense medidas que garantan a accesibilidade e a supresión das barreiras arquitectónicas e que permitan obter certificacións de calidade como a Q de Calidade Turística ou elevar a categoría do establecemento.

Tamén se financian accións a favor da sustentabilidade, como a mellora da climatización coa posta en marcha de medidas de aforro enerxético, actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización, a modernización dos locais e o embelecemento da contorna, a dotación de equipamentos mobles para o seu funcionamento e a adaptación dos sistemas de seguridade e saúde.

Alfonso Rueda en comisión parlamentaria. COPYRIGHT: XOAN CRESPO
Alfonso Rueda en comisión parlamentaria. COPYRIGHT: XOAN CRESPO | Fonte: XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta