Localizan o ancián desaparecido en Vilamartín de Valdeorras

Foi trasladado ao Hospital do Barco para unha revisión aínda que aparentaba bo estado.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/01/2021 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

Efectivos da Garda Civil informaron da localización, en aparente bo estado, do ancián desaparecido desde a tarde deste domingo en Vilamartín de Valdeorras.

Antonio García Fernández, de 89 anos, foi localizado sobre as 13,00 horas deste luns a 1,5 quilómetros do pobo onde o viron por última vez. Estaba en aparente bo estado pero desorientado, polo que foi trasladado ao Hospital do Barco para unha revisión.

O home é veciño do Barco pero, desde o día 1, estaba a pasar uns días coa súa irmá e a súa sobriña na parroquia da Portela, en Vilamartín. A súa familia non tiña noticias del desde as 20,00 horas deste domingo, cando falaron por teléfono e lles dixo que estaba desorientado.

Foto facilitada pola familia do desaparecido en Vilamartín de Valdeorras.. GARDA CIVIL
Foto facilitada pola familia do desaparecido en Vilamartín de Valdeorras.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta