A asociación Crentes Galegos ve "intereses políticos e económicos" detrás da ampliación do Ano Santo

"O Xacobeo é un fenómeno político, económico, cultural e totalmente respectable. Mais un Ano Santo é exclusivamente un fenómeno relixioso e espiritual" din nun comunicado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

A Coordinadora de Crentes Galegos, que representa a unha vintena de asociacións de igrexa de base en Galicia, criticou este luns a "lamentable" ampliación do Ano Santo 2021 a todo 2022, unha decisión que se toma, din, cedendo a "presións de intereses políticos e económicos alleos á espiritualidade católica".

Segundo dixo a entidade nun comunicado, esta "impresentable prórroga" reflicte "a mestura da Igrexa cos poderes políticos e económicos" coa "desculpa da pandemia".

"O Xacobeo é un fenómeno político, económico, cultural, etc., totalmente respectable. Pero, un Ano Santo é exclusivamente un fenómeno relixioso e espiritual, non suxeito a outros intereses", recolle o comunicado.

Pola contra, para Crentes Galegos "adquiría pleno sentido" a celebración do Ano Santo no 2021 "se de verdade se pensase nas persoas que sofren a todos os niveis esta terrible pandemia". "Para consolo e apoio a estas persoas, e non para apertura de albergues, debería dirixir a xerarquía da Igrexa os esforzos do ano que acaba de comezar", engaden.

Por iso, reclaman "unha rectificación, para que o Ano Santo que vén de comezar estea de verdade ao servizo das persoas que o precisan e non sirva a outros intereses".

Autoridades políticas e relixiosas durante o acto solemne de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago, que dá inicio ao Ano Santo 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
Autoridades políticas e relixiosas durante o acto solemne de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago, que dá inicio ao Ano Santo 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Estaría ben comezar a facer críticas na casa e para iso teñen os Convenios que asinan Concello de Vigo e a Diócese Tui-Vigo para manter o PATRIMONIO da igrexa e non para axudar aos que máis o necesitan... Amén dos escuros negocios inmobiliarios que se agochan detrás de Fundacións Eclesiásticas ás que ninguén parace ter acceso nin se lles esixe transpoarencia algunha (?) https://twitter.com/00Gamela/status...