Trinta programas de entidades sociais en favor da igualdade de xénero recibirán axudas financeiras

Están especialmente enfocadas en actuacións dirixidas a mulleres con discapacidade, residentes no rural e a mulleres transexuais, ente outras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2021 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a concesión de diversas axudas para o financiamento de 30 programas sociais promovidos por asociacións sen ánimo de lucro co obxectivo de promover a igualdade entre homes e mulleres e loitar contra a violencia de xénero.

A iniciativa, cun orzamento total próximo aos 625.000 euros con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto da Renda de Persoas Físicas (IRPF), ofrece ao beneficiarios financiamento por contías que van dos 11.887 euros a un máximo de 56.169 euros.

Tal e como informou a Consellería de Emprego e Igualdade nun comunicado, as axudas -promovidas por este departamento do Goberno galego_ están especialmente enfocadas en actuacións dirixidas a mulleres con discapacidade, residentes no rural e a mulleres transexuais, ente outras.

Segundo explicou Igualdade, preto dun 28% das axudas diríxense a apoiar programas de educación e saúde integral da muller; e un 15% destinarase ao ámbito rural --con propostas de capacitación para mulleres xordas, de promoción do autoemprego e de potenciación do empoderamiento, así como a participación activa das mulleres do rural en Galicia, entre outras accións--.

Algunhas das asociacións beneficiadas foron: Cáritas, Cruz Vermella, Asociación Española Contra o Cancro, Cogami, Padroado Concepción Arenal e Fundación Érguete-Integración, entre outras.

Fotros Xunta / Igualdade / . Xunta de Galicia
Fotros Xunta / Igualdade / . Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta