O xeo fai estragos en varias estradas galegas... Estas son as incidencias

A zona máis afectada é a Costa da Morte. Accidentes e mesmo estradas cortadas polo xeo son as consecuencias dunha noite xélida en Galicia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/01/2021 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Varias estradas de Galicia en todas as provincias galegas rexistran incidencias de algún tipo por mor do intenso frío rexistrado esta noite, con temperaturas superiores aos - 10º, e polas placas de xeo e a neve acumuladas nalgunhas delas.

Camión envorcado por placas de xeo en Rodeiro (Pontevedra).. GARDA CIVIL
Camión envorcado por placas de xeo en Rodeiro (Pontevedra).. GARDA CIVIL

Así, na Costa de Morte, varios vehículos sufriron accidentes por placas de xeo en Berdoias, Carballo, Vimianzo, Muxía, Zas e Coristanco. A Garda Civil mesmo tivo que cortar algún carril para evitar novos sinistros.

Segundo informa a Dirección General de Tráfico (DGT) a provincia máis afectada é A Coruña onde hai sinistros, con obstáculos fixos na estrada en Pedra Furada, Os Pinos, Extramundi de Arriba, Os Muiños, Toras, Lume de Suso, Cavario, Vilartrigueiro, SAn Martiño, Pardiñas, Bribes, Couceiro, Xunqueira, A Rega, Gandarela, Ponte Carreira, Carnes, Pedra Furada, Fornos, Porto do Souto, Mintiráns, Balocos, Lume, A Praza, Os Loureiros,

Por outra banda, tamén houbo incidencias nas últimas horas en Couso, Carneiras, O Castelo, (en Pontevedra); en Burela, Ibia, Betote de Arriba (Lugo) e no Barco (Ourense).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta