Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2021 | Actualizada ás 12:31
A creación de empresas baixou un 4% en decembro en Galicia, ata 310, en relación co mesmo mes de 2019, mentres as disolucións subiron un 11,5%, ata 204, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Así, en decembro de 2020 constituíronse 310 sociedades mercantís, 39 máis que no mes anterior e 13 menos que no decembro anterior. O capital medio subscrito polas sociedades constituídas en outubro ascendeu a 60.035,02 euros por sociedade.
Por outra banda, en decembro de 2020 ampliaron o seu capital social 97 sociedades mercantís. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a máis de 36 millóns de euros. Con respecto ao mesmo mes do ano pasado, en decembro ampliaron capital seis sociedades menos que as rexistradas hai 12 meses.
O 26,13% das empresas creadas en decembro pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia son a hostalaría (co 11,61% das constitucións rexistradas en decembro), as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (co 10,65%) e a construción (co 10,65%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.