Carmela Silva destaca a creación de máis de 900 postos de traballo a través do "Plan Concellos 2020"

A presidenta da Deputación de Pontevedra comentou que a diferenza de anteriores convocatorias, nesta ocasión "hai tendencia a obras máis grandes, por maior importe".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O 'Plan Concellos 2020' da Deputación de Pontevedra impulsou 429 obras e creou 912 postos de traballo, segundo destacou a súa presidenta, Carmela Silva. Silva fixo balance do plan este xoves, unha vez que este foi liquidado na última xunta de goberno da administración provincial.

No pasado exercicio, este plan contou cun orzamento global de 42,2 millóns de euros e na denominada 'liña un', que permite aos concellos a execución de investimentos en obras, servizos e equipamentos municipais, aprobáronse 429 obras. Carmela Silva comentou que a diferenza de anteriores convocatorias, nesta ocasión "hai tendencia a obras máis grandes, por maior importe".

En liñas xerais, case 12 millóns de euros foron destinados para obras en vías, 4 millóns para edificacións e 3 ao saneamento, entre os investimentos máis importantes. Ademais, a presidenta provincial destacou que "os concellos compasan as solicitudes ás novas necesidades".

En canto á segunda liña do plan, que permite aos concellos cumprir cos seus deberes económicos e co financiamento de actos culturais, deportivos, sociais, etcétera, organizáronse 109 actividades, por un montante global que ascendeu a 950.000 euros.

Tamén se fixeron 31 pagos a provedores por 1,2 millóns de euros, e financiáronse 23 traballos de mantemento e reparación por uns 560.000 euros. Só houbo unha actuación para amortización de débedas, o que, segundo Carmela Silva, reflicte que "os municipios están saneados".

Respecto da terceira liña, destinada ao fomento do emprego, o plan permite que os concellos dediquen unha parte da cantidade que lles corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no servizo público de emprego.

"Na liña tres creamos 912 postos de traballo", dixo a presidenta. Carmela Silva indicou que o Concello de Valga foi o único de toda a provincia que non solicitou axudas para esta liña de colaboración. En canto aos empregos xerados, "houbo 32 especialidades laborais cada vez máis orientadas á prestación de servizos".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Silva tamén fixo balance do Plan de remodelación e avance de seguridade dos viarios municipais, coñecido como Plan Depo-REMSE. Trátase dunha modalidade de asistencia económica aos concellos para financiar proxectos que potencien unha mobilidade sustentable e que dean prioridade á seguridade e á mobilidade peonil en calquera estrada.

Por último, referiuse ao coñecido como Plan Reequilibrio no pasado exercicio incluíu seis actuacións culturais, unha dotación sociosanitaria, 11 infraestruturas deportivas e sete humanizacións e reformas urbanas. Son "25 proxectos moi importantes que están a transformar a provincia", concluíu a presidenta da Deputación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A "provincia" non sabemos como lle vai, pero Carmela debera explicar os motivos que a levaron a converterse en OKUPA na súa propia cidade ? https://flic.kr/p/pajsAM Semella que os 5500 €uros mensuais non lle dan para viaxar ao Pazo da Deputación en Pontevedra e ten que andar a montar saraos VIP no edificio que tería que ser Museo Fotográfico en Vigo (amén do chalet de Toralla no que vive cómodamente) // Pero o que ninguén pregunta é cantos millóns máis pensa meter no Estadio de Balaídos para maior gloria de Abel Caballero (andamos perto dos 60 millóns pero ninguén coñece as cifras reais do pelotazo) Por certo o Celta de Vigo xa ten Cidade Deportiva en Mos...