Un autobús urbano da Coruña choca contra un posto de probas PCR

O bus colidiu contra o Autocovid do Ventorrillo.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 07/01/2021 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

Un autobús urbano da Coruña chocou este martes contra o Autocovid do Ventorrillo sen que afectase á actividade e ás probas PCR previstas no mesmo, segundo confirmou un portavoz da área sanitaria coruñesa.

Un autobús urbano da Coruña choca contra un posto de probas PCR na Coruña
Un autobús urbano da Coruña choca contra un posto de probas PCR na Coruña | Fonte: TVG.

Mentres, desde a Compañía de Tranvías, indicaron que o accidente se produciu sobre as 07,20 horas cando un autobús da liña 7 chocou co posto Covid, cando non estaba aberto.

"Por se había algún problema", precisaron fontes sanitarias sobre a instalación, decidiuse trasladar as probas previstas e todos os equipos ao centro de saúde próximo. "Non se suspendeu nada", indicaron as mesmas fontes, que sinalaron que esperan que o venres poida retomarse no Autocovid a actividade, unha vez arranxadas as zonas afectadas.

Pola súa banda, desde a Compañía de Tranvías confirmaron que se abriu unha investigación "para pescudar as causas do incidente". "Non houbo feridos, só danos no tellado e no bus", engadiron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta