Case 8.000 menores galegos con discapacidade non terán que realizar o copago farmacéutico

Esta exención de copago suporá "un alivio económico para miles de familias que teñen no seu seo a un menor de 18 anos con discapacidade e que se enfrontan a un sobrecusto que pode chegar ao 40%".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

Un total de 7.816 persoas menores con discapacidade oficialmente recoñecidas cun grao igual ou superior ao 33% de Galicia --segundo os últimos datos do Imserso-- quedan exentas de realizar achegas económicas na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde (SNS) desde este 1 de xaneiro de 2021, tal e como dispón a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para este exercicio.

Segundo informa Cermi nun comunicado, do total de persoas beneficiarias na comunidade, 3.645 corresponden á provincia de Pontevedra, 2.810 á Coruña, 766 a Ourense e 595 a Lugo. Esta medida do Goberno responde a unha antiga reivindicación tanto do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) como do mesmo Comité en Galicia para todas as persoas con discapacidade, e que agora se circunscribe aos menores de 18 anos.

Para o movemento social da discapacidade, esta exención de copago suporá "un alivio económico para miles de familias que teñen no seu seo a un menor de 18 anos con discapacidade e que se enfrontan a un sobrecusto que poden chegar ao 40% respecto das familias nas que non hai situacións de discapacidade".

Segundo explica CERMI Galicia, os menores con discapacidade, "precisamente pola súa circunstancia, poden ser consumidores máis intensos de medicamentos, o cal supón máis gasto nesta prestación, polo que exoneralos de copago alixeirará o esforzo familiar, mellorando o acceso a produtos esenciais para o tratamento e curación de enfermidades e patoloxías, relacionadas ou non coa súa discapacidade".

Imaxe de arquivo dunha oficina de farmacia.. ARQUIVO
Imaxe de arquivo dunha oficina de farmacia.. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta