A Deputación de Ourense formará parte do Eixo Atlántico

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2021 | Actualizada ás 21:29

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense formará parte do Eixo Atlántico, o lobby de cooperación transfronteiriza máis importante entre España e Portugal, segundo remarca a institución provincial nun comunicado.

Ratificárono tras a reunión celebrada no Pazo Provincial entre o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

A incorporación, que se fará efectiva na próxima asemblea xeral do Eixo, en febreiro, supón para Ourense, en palabras de Baltar, "un excelente posicionamento e unha magnífica oportunidade para desenvolver proxectos europeos de cooperación interterritorial"

"É unha magnífica noticia para empezar este 2021, celebrar unha xunta de traballo con Xoán Vázquez Mao e confirmar a entrada da Deputación de Ourense nunha entidade de tanta relevancia na cooperación europea", engadiu.

Manuel Baltar. DEPUTACIÓN OURENSE
Manuel Baltar. DEPUTACIÓN OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

celebrar unha xunta de traballo con Xoán Vázquez Mao e confirmar a entrada da Deputación de Ourense nunha entidade de tanta relevancia... Refírese ao Secretario Vitalicio do Eixo Atlántico ? Que alguén me explique como é posible manterse nun cargo de xeito VITALICIO ! Esto máis que o Eixo Atlántico semella o Tribunal Supremo dos EE.UU. ! Vaia morro que teñen algúns !!!