A Xunta baralla pechar as visitas ás residencias tras o contaxio masivo no centro de Ribeira

Tamén aprobará máis medidas contras o sector da hostalaría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2021 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A Xunta baralla pechar as visitas ás residencias de maiores ata que finalice a vacinación total de todos os usuarios e do persoal destes centros. Unha decisión que toma logo con contaxio de case 20 usuarios da Residencia de Ribeira despois da vacinación masiva contra a covid que tivo lugar hai unha semana.

Así o anunciou este venres o presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que destacou que esta será unha das medidas que abordará o subcomité clínico que asesora á Xunta na pandemia na súa reunión deste venres.

"Probablemente (o subcomité clínico) adopete a decisión de blindar as residencias da terceira idade mentres non consigamos vacinar e dispensar as dúas doses a todo o persoal e, polo seu posto aos residentes", sinalou o presidente.

Feijóo, que descartou polo momento o confinamento domiciliario en Galicia, tamén destacou que nesta reunión adoptaranse decisións que afectarán á hostalaría.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita ao centro de saúde de Milladoiro, en Ames (A Coruña). ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita ao centro de saúde de Milladoiro, en Ames (A Coruña). ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta