O BNG critica que o proxecto de lei contra fraude fiscal invade competencias galegas

Presenta emendas no Congreso porque ve "inxusto" que un acto lexítimo do Dereito Civil Galego sexa unha "práctica de evasión fiscal".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/01/2021 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, critica que o proxecto de lei estatal de loita contra a fraude fiscal invade competencias galegas, "vulnera a autonomía fiscal" de Galicia e penaliza as herdanzas en vida.

Néstor Rego
Néstor Rego | Fonte: Europa Press

O BNG presentou emendas no Congreso para eliminar do texto as reformas que afectan á lei do IRPF e do imposto de sucesións en relación coas herdanzas en vida.

Neste sentido, o deputado Néstor Rego censura que con esta reforma o Ministerio de Facenda "penaliza" a cidadáns galegos, ademais de vulnerar o Dereito Civil de Galicia.

"En primeiro lugar, o Estado non pode regular indirectamente unha figura propia do dereito civil de Galicia, facendo que na práctica dificulte ou impida que se acuda aos pactos sucesorios", apunta o BNG.

"E ademais, a regulación que pretenden supón un tratamento discriminatorio desde o punto de vista fiscal para aqueles herdeiros ou herdeiras que reciban bens en vida fronte a aqueles que o fan tras a morte dun familiar, cando se trata nos dous casos de adquisicións 'mortis causa", prosegue.

Rego explica que "neste último caso, se a persoa que herda recibe os bens tras a morte do familiar e a continuación procede á súa venda, só debería tributar pola plusvalía desde o momento da recepción dos bens e ata a efectiva transmisión", en cambio, de aprobarse a reforma, se se trata dunha herdanza en vida, e véndense os bens antes da morte do causante, deberá tributar polo incremento patrimonial desde que o testador adquirira o ben.

"Resulta de xeito evidente inxusto considerar que realizar un acto lexítimo segundo o Dereito Civil Galego e respectando as normas tributarias propias da Administración galega, sexa unha práctica de evasión fiscal", deixa claro Rego.

O deputado nacionalista advertiu que de manterse o texto actual, suporá un grave prexuízo para moitos galegas que se acolleron a esta modalidade hereditaria e que, ante a situación de crise, poden verse na necesidade de vender os bens.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

O Goberno Progresista mete a man no bolso canto pode... pero de pagar non entende nadiña... Nin IMV nin peaxes nin nada de nada... Cartos ao caixón, Kirye Eleison ! https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Gamela

Corrección de erros: Cartos ao caixón, Kyrie Eleison ! https://es.wikipedia.org/wiki/Kyrie...