Ferido o condutor dun camión do lixo en Narón por unha saída da vía

O 112 Galicia recibiu o aviso do accidente a través dun compañeiro de traballo do implicado, que chamou para explicar a situación e pedir axuda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2021 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Un camión do lixo que circulaba por Narón saíu da vía este sábado cando circulaba pola AC-112, á altura de Doso. Segundo informou o 112, aínda que foron avisados os bombeiros da localidade, o condutor conseguiu saír polos seus propios medios. Iso si, necesitou asistencia médica dado que sufriu unha lesión nunha man.

Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía Local, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico que, por precaución, solicitaron medios para esparcir sal co fin de previr accidentes por posibles placas de xeo. Así o fixeron os propios Bombeiros de Narón. O 112 Galicia recibiu o aviso do accidente a través dun compañeiro de traballo do implicado, que chamou para explicar a situación e pedir axuda.

Ambulancia do 061. NARÓN, CAMIÓN, ACCIDENTE
Ambulancia do 061. NARÓN, CAMIÓN, ACCIDENTE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta