As persoas sen fogar disporán de 300 prazas en albergues durante a onda de frío, sinala a Xunta

O Concello de Ferrol tamén informa da activación dun plan especial durante a madrugada do sábado para localizar a persoas que dormen na rúa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2021 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A Xunta lembrou que existen máis de 300 prazas na rede de albergues da Comunidade galega para acoller a persoas sen fogar ante a onda de frío que afecta nas últimas xornadas á Península Ibérica. Nun comunicado emitido este sábado, o Goberno autonómico sinala que a maior parte destes centros contan con servizos de "restauración, aloxamento e orientación profesional, así como de aseo persoal, lavandaría e atención e acompañamento social".

Así mesmo, o Concello de Ferrol tamén informa da activación dun plan especial durante a madrugada do sábado para localizar a persoas que dormen na rúa. En total foron atendidas cinco persoas, das cales, unha foi trasladada a unha pensión, outra a casa dun familiar e outro tres "rexeitaron o aloxamento". No despregamento, que continuará na noite do domingo, participaron 12 efectivos da agrupación de voluntarios de Protección Civil.

Albergue. XUNTA, SENFOGARISMO, FERROL, TEMPORAL
Albergue. XUNTA, SENFOGARISMO, FERROL, TEMPORAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta