Lectores de The New York Times escollen o Camiño de Santiago como "un lugar para amar" en 2021

A proposta partiu do xornalista e escritor norteamericano Sam Michaux.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 09/01/2021 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

O Camiño de Santiago foi elixido polos lectores do diario The New York Times como un dos "lugares para amar" e visitar en 2021, segundo publicou este xornal tras facer unha sondaxe entre os seus seguidores acerca dos lugares que os deleitaron ", inspiraron e consolaron" no "escuro" ano 2020.

Entre as máis de 2.000 suxestións remitidas, o diario seleccionou 52 propostas, e unha delas foi a enviada polo escritor Sam Michaux, quen recalcou que a Ruta Xacobea supón unha experiencia que "é máis sobre un mesmo, que sobre buscar un 'selfie' ("more about the self than the selfie").

Segundo relatou este lector, percorreu, xunto ao seu avó de 80 anos, catro rutas do Camiño de Santiago e os seus percorridos "foron oportunidades sen distraccións". Así, recoñeceu que, aínda que non esperaba gozalo, sorprendeuse "apreciando tanto a meditación forzada como aos compañeiros de viaxe" que coñeceron polo camiño.

Michaux explicou que fixeron a primeira ruta en 2007 e que volveu varias veces e que espera volver co seu avó para completar os últimos 100 quilómetros do Camiño francés, en nome do seu pai, recentemente falecido.

Peregrinos con máscaras na Praza do Obradoiro, no primeiro verán da pandamia Covid-19, Santiago de Compostela 26 de agosto do 2020. Eduardo Briones - Europa Press - Arquivo
Peregrinos con máscaras na Praza do Obradoiro, no primeiro verán da pandamia Covid-19, Santiago de Compostela 26 de agosto do 2020. Eduardo Briones - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta