A Xunta fai inventario do equipo despregado para facerlle fronte ao temporal

O Executivo galego destaca as actuacións levadas a cabo nas provincias da Coruña e Pontevedra, nas que o consumo de sal xa alcanzou un terzo do total do que se prevía para toda a estación invernal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A Xunta despregou desde o pasado xoves 20 quitaneves, 1.000 toneladas de sal e 710.000 litros de salmoira para combater os efectos do temporal invernal sobre a rede viaria galega. Diso informa a Administración autonómica nun comunicado remitido aos medios este domingo, xornada na que, só durante a madrugada, se esparcieron case 160 toneladas de sal e 88.000 litros de salmoira para reducir o impacto do xeo e a neve nas estradas.

A Xunta destaca as actuacións levadas a cabo nas provincias da Coruña e Pontevedra, nas que o consumo de sal xa alcanzou un terzo do total do que se prevía para toda a estación invernal. Con todo, este domingo non se rexistraron importantes incidencias nin cortes de tráfico que si se deron na mañá do sábado, cando a neve obrigou a restrinxir a circulación de camións na AG-64.

No repaso por provincias, na Coruña distribuíronse 361 toneladas de sal e 161.000 litros de salmoira, mentres que en Lugo, onde traballaron nas últimas xornadas 13 equipos para retirar neve das estradas, se esparcieron 260 toneladas de sal e 130.000 litros de salmoira.

En Ourense, xunto con Lugo a provincia máis afecta polas xeadas, a neve e o frío; o catro equipos quitaneves repartiron 134 toneladas de sal e 8.000 litros de salmoira. Por último, en Pontevedra, que conta con outros 4 equipos, foron 184 toneladas de sal e 156.00 litros de salmoira.

Así mesmo, nos últimos días procedéronse ao estendido preventivo de fundentes nas autovías AG-53 e AG-54, entre Dozón e Ourense; na do Barbanza (AG-11); na do Salnés (AG-41); ou nas autoestradas A Coruña- Carballo (AG-55); e na do Val Miñor (AG-57).

Máquina quitaneves.
Máquina quitaneves. | Fonte: XUNTA, TEMPORAL, NEVE, SAL, ESTRADAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta