Algúns expertos recomendan non vacinar a mulleres embarazadas

Din que non é recomendable nos primeiros tres meses do embarazo e apostan polo uso doutras alternativas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/01/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A Organización Mundial da Saúde (OMS), as mulleres embarazadas son un grupo prioritario para a vacinación contra a gripe, independentemente da etapa do seu embarazo. Con todo, algúns estudos recentes cuestionan a idoneidade e eficacia desta medida que, segundo o equipo de investigación da clínica Margen de Granada, liderada polo doutor Jan Tesarik e a doutora Raquel Mendoza-Tesarik, "apóiase en criterios xa superados e sen rigor estatístico relevante".

Nun artigo recentemente publicado na revista Melatonin Research, estes científicos analizan varias meta-análises e sinalan que "as vacinacións efectuadas no segundo e o terceiro trimestre do embarazo non produciron ningún efecto positivo significativo sobre a saúde da nai e do neonato, e as tendencias (non significativas) foron máis ben negativas". Entre estes efectos negativos destaca unha reacción inflamatoria á vacina superior á doutros grupos de persoas. "En canto á vacinación no primeiro trimestre, os resultados foron claramente negativos, mostrando un risco elevado do dano cerebral do futuro neno", indican.

Segundo os estudos,  sobre todo "hai que desaconsellar a vacinación no primeiro trimestre do embarazo". En canto á vacinación no segundo e o terceiro trimestre, os médicos terían que, polo menos, informar as pacientes das dúbidas sobre a súa eficacia. "É evidente que as recomendacións da OMS, aínda en vigor, necesitan unha revisión urxente", sinala o doutor Tesarik.

MELATONINA

Muller embarazada. EUROPA PRESS - Arquivo
Muller embarazada. EUROPA PRESS - Arquivo

Estes mesmos expertos recomendan, como alternativa á vacina contra a gripe, alternativas como a melatonina. Aínda que non se coñecen realmente os seus efectos contra a COVID-19, este experto recomenda tamén o seu uso.

"Xa sabiamos que a melatonina protexe contra a COVID-19, pero o seu efecto protector contra a gripe é novo. Tendo en conta o efecto beneficioso xeneral da melatonina sobre diferentes funcións do organismo humano, o seu uso é recomendable non só nas mulleres xa embarazadas senón tamén nas que queren estalo proximamente", destaca Tesarik.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta