A Xunta estima en máis de 2.000 as axudas por danos de xabaril ou lobo

Poden solicitarse desde este martes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2021 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

As axudas para compensar os danos causados polo xabaril ou o lobo en cultivo e gando poderán solicitarse a partir deste martes, 12 de xaneiro. O Diario Oficial de Galicia publicou as ordes polas que se convocan ambas as liñas de subvencións, dotadas con máis de dous millóns de euros, cos que se estima poder outorgar unhas 2.300 subvencións.

Segundo informa a Consellería de Medio Ambiente nun comunicado, a principal novidade da convocatoria de axudas polos danos do xabaril é que o importe concedido poderá chegar ata os 2.000 euros, fronte aos 1.700 euros da anterior. Ademais, nas próximas semanas convocarase tamén o programa para sufragar medidas de prevención fronte á fauna silvestre e a orde para paliar os danos do oso.

A nova convocatoria para paliar danos polo lobo conta cunha partida inicial de 646.000 euros, o que supon un aumento do 61,5% respecto ao ano pasado. Comprende axudas para danos que se comuniquen entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. Poderá chegar a uns 800 beneficiarios.

Xabaril
Xabaril | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta