Detectados dous focos na terceira planta do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

Hai once persoas contaxiadas. A área Sanitaria de Ferrol decidiu prohibir as visitas neste hospital.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 11/01/2021 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou durante este fin de semana dous focos de coronavirus, con tres e nove positivos, respectivamente, na terceira planta do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

Ambos os brotes foron localizados na á esquerda e a dereita, nunha planta na que se tratan a pacientes de diversas especialidades, como Uroloxía, Otorrinolaringoloxia, Nefrologxía, Medicina Inerna e Cirurxía, segundo apuntaron fontes sanitarias a Europa Press. Tras detectarse estes positivos, púxose en marcha o protocolo e ambos os brotes están en estudo. Ademais, xa se realizaron máis de 70 probas PCR.

Ante esta situación, a dirección da área Sanitaria de Ferrol decidiu prohibir as visitas neste hospital e só permitirase o acompañamento de pacientes menores de idade e grandes dependentes. Así mesmo, o acompañante debe ser a mesma persoa cada xornada e manter as debidas condicións de protección con distanciamento, hixiene de mans e máscara.

Hospital Arquitecto Marcide, Ferrol
Hospital Arquitecto Marcide, Ferrol | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta