O PSdeG acusa á Xunta de evitar a participación pública na futura lei de recuperación de terras agrícolas

Os socialistas aseguran que con esta "manobra" o Goberno galego quere sacar adiante o texto "evitando ter que afrontar os informes preceptivos da asesoría xurídica".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2021 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O portavoz de Agricultura do PSdeG no Parlamento de Galicia, Martín Seco, denunciou a "artimaña" do Goberno galego para "sortear" os informes xurídicos e a participación pública dos afectados pola futura lei de recuperación de terras agrícolas.

Así o denunciou nun comunicado remitido aos medios despois de que o PP presentase este luns a norma, que será presentada na Cámara polo Grupo Parlamentario Popular como proposición de lei e non polo Goberno galego

Segundo denunciou Martín Seco esta "manobra" permite ao Goberno galego sacar adiante o texto "evitando ter que afrontar os informes preceptivos da asesoría xurídica, do Consello Económico e Social (CES), do Consello Agrario Galego e do Consello Forestal de Galicia, ademais do período de exposición pública para consultas dos sectores afectados".

Ante iso, o parlamentario do PSdeG esixe ao Goberno galego que asuma de novo o trámite desta iniciativa lexislativa para "ter todas as garantías legais e o maior consenso posible entre os sectores afectados".

José González. CONCHI PAZ
José González. CONCHI PAZ | Fonte: MEDIO RURAL, PSDEG, TERRAS AGRÍCOLAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A mesma estratexia empregada pola ministra de educación en Madrid... pouco que dicir, será máis grave facelo na Educación Pública que facelo con terras baldías... digo eu...?