A Xunta incorpora a Plataforma 'Telea' para o seguimento dos contactos estreitos de positivos en covid-19

Os médicos e o persoal de enfermaría de Atención Primaria teñen acceso a esta información.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/01/2021 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade incorporou a Plataforma 'Telea' no seguimento dos contactos estreitos de positivos en covid-19, que poderán agora completar a enquisa diaria a través desta ferramenta tecnolóxica de asistencia domiciliaria.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Este departamento da Xunta explica que o médico e o persoal de enfermaría de Atención Primaria teñen acceso a esta información.

Segundo Sanidade, trátase dunha ferramenta máis de cara a frear a propagación do covid-19, polo que anima a aqueles cidadáns que sexan coñecedores de ser contacto estreito dun caso positivo polo virus a que accedan á aplicación para deixar os seus datos a través da resposta a un cuestionario.

Ademais, na procura activa de positivos covid asintomáticos, a Xunta lembra que os estudantes que regresen ás aulas desde o seu lugar de orixe, poden inscribirse no rexistro de viaxeiros para ser citados a realizar unha proba diagnóstica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta