Xulgan un home por presuntos abusos sexuais á súa filla cando tiña 4 anos

A Fiscalía solicita seis anos de prisión.

Por E.P. | A Coruña | 11/01/2021 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o xoves, día 14, o xuízo contra un home acusado de presuntos abusos sexuais á súa filla cando tiña catro anos. Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuízo celebrarase ás 10,00 horas, na sección segunda.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

A Fiscalía, que solicita seis anos de prisión, sinala, no seu escrito de cualificación, que os feitos se produciron cando o home se atopaba coa menor, no réxime de visitas que tiña estipulado coa súa exparella por sentenza ditada polo xulgado de violencia sobre a muller da Coruña.

En concreto, indica que se produciron na tarde do 18 de outubro de 2017 cando o home estaba coa súa filla no domicilio no que vive coa súa nai e a avoa de menor, na Coruña.

Sostén que lle realizou tocamentos nas súas partes íntimas cando a nena estaba a ver uns debuxos. Ao volver ao domicilio materno, a menor puxo os feitos en coñecemento da nai, que presentou denuncia.

Aos poucos días, modificouse o réxime de visitas de forma que o acusado podía visitar á súa filla nun punto de encontro familiar e baixo supervisión de persoal do centro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta