Sanidade cita a 1.500 persoas en Allariz para un cribado polo aumento de casos de covid-19

Será o día 13, no pavillón municipal, a partir das 15,00 horas.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 11/01/2021 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

Ante o incremento de casos detectados nos últimos días, a Consellería de Sanidade realizará esta semana un cribado aleatorio entre 1.500 persoas maiores de 18 anos de Allariz.

Proba PCR.
Proba PCR. | Fonte: JCCM.

En concreto, o cribado realizarase mediante recollida de mostras para PCR, unha operación que levará a cabo este mércores, día 13, no pavillón municipal, a partir das 15,00 horas.

As persoas, seleccionadas aleatoriamente, están a ser citadas desde este luns, por medio dunha mensaxe de SMS, no que se lle indica o lugar e hora da proba.

O obxectivo desta mostra poboacional, informaron fontes da área sanitaria, é detectar posibles casos positivos de covid-19 asintomáticos, e cortar así a cadea de contaxios, así como coñecer o grao de transmisión na localidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta